Retrato ilustrado de Exeria
«Eu, que son curiosa dabondo, preguntei.»

TODAS AS RESPOSTAS

Exeria, precursora da cultura galega

As 6 claves para descubrir a Exeria, autora do texto de viaxes máis antigo de toda a historia, a primeira peregrina escritora.

Guía para lembrala sempre.

Tiveron que pasar 1500 anos para poder recuperar a súa obra, para darnos conta do esplendor que ofrecía e asombrarnos da creatividade tan avanzada ao seu tempo.

Escríbeme

Exeria foi unha muller cunha gran valentía e disposición de espírito que a levou a emprender longas viaxes por todo o mundo coñecido no século IV, sen temor aos perigos e dificultades.

O seu legado escrito é un relato ofrecido dende a empatía e a sensibilidade feminina, unha revolucionaria contribución literaria que sentou precedentes.

Para emocionarnos con Exeria e adentrarnos na súa achega á cultura universal, neste pequeno libro están contestadas as preguntas esenciais:

QUEN foi Exeria?

Esta enigmática muller moi culta, decidida e curiosa é coñecida con distintos nomes (Egeria, Eteria, Etheria…) dependendo da orixe das investigacións acerca da súa identidade.
Naceu na Gallaecia no século IV e neste libro están os detalles que sabemos dela.

QUE fixo?

Deixounos escrito o relato dun periplo que durou tres anos, percorrendo todo o mundo coñecido no seu tempo. Non era unha simple guía descritiva dos lugares; no seu manuscrito comunicaba de primeira man o que día a día descubría e as sensacións que experimentaba mentres vivía esa aventura.

COMO puido afrontar a viaxe?

É difícil imaxinar un contexto máis complicado: unha muller no ano 381 que decide saír a explorar as terras máis afastadas do imperio romano e visitar os lugares que aparecían nas escrituras, os lugares bíblicos de Xerusalén, Exipto e Mesopotamia.
No libro expóñense as condicións do momento e como puido superar dificultades e perigos para lograr esa proeza.

CANDO se descubriu o manuscrito?

As peripecias do escrito parecen o argumento dunha novela de intriga, dende a aparición casual duns pergamiños mesturados dentro dun vello códice, a sorpresa ao comprobar que eran misivas moi antigas, as distintas hipóteses aventurando quen podía ser a autora, ata o xiro dramático que cambia o rumbo das investigacións cando aparece a carta dun monxe que fala por primeira vez de Exeria.
Unha historia rocambolesca, ideal para compartir nas sobremesas familiares.

CANTA importancia ten o seu legado?

No libro explóranse os seus aspectos de muller e tamén de viaxeira para entendelos nos tempos do Imperio romano.
Vemos tamén como se anticipa varios séculos á literatura de viaxes e á narrativa epistolar a través de cartas.
En canto á lingua de conversa cotiá utilizada por Exeria, descubrimos a aparición inicial do que hoxe son modismos galegos, como “levar os nenos no colo”.

CALES son as súas obras?

No manuscrito conservado relata mediante misivas ás amigas o seu itinerario percorrido por máis de 5000 km.
Ademais, durante a estancia en Xerusalén documenta moi detalladamente a liturxia nas festas da epifanía, do bautismo, das celebracións diarias e dominicais, incluíndo himnos, lecturas e oracións.
Son rituais anteriores á aceptación xeral do 25 de decembro como data do nacemento de Xesús.

En pouco máis de cen páxinas están todas as respostas.

*** Inclúe as 23 cartas escritas por Exeria relatando as aventuras da viaxe ás amigas que quedaron en Galicia.

Unha preguntiña máis…

A quen che recorda Exeria?

Por casualidade estás pensando nunha persoa que coñeces, moi empática, sensible, curiosa e decidida?

Regálalle un exemplar para que saiba que pensaches nela.

Máis de cen páxinas con respostas sobre Exeria e as 23 cartas da súa viaxe.

Ver o libro en Amazon

A compra ábrese en Amazon.

Exemplares do libro Exeria, precursora da cultura galega
 «Sentín unhas enormes ganas de ir, e decidín ir.»